Pseudomonas

Pseudomonas
[MONERA]

Xénero de bacterias Gram-negativas, da familia das pseudomonadáceas, con forma de bacilo curto, móbiles por flaxelación polar e non forman esporas. Forman parte das especies patóxenas para os animais e para o home. Son bacterias oxidativas e mineralizantes non fotosintetizadoras e, en xeral, moi resistentes ao tratamento quimioterápico e aos antibióticos.