pseudoperíptero -ra

pseudoperíptero -ra

(< pseudo- + períptero)

adx [ARQUIT]

Aplícase ao edificio, en especial ao templo, que ten unha ringleira de semicolumnas arrimadas directamente ás paredes laterais e á posterior da cela. Esta forma, derivada do templo grego, é tipicamente romana.