Pseudo-Turpin

Pseudo-Turpin
[LIT]

Cuarta parte do Liber Sancti Iacobi (s XII), de temática xacobea, tamén coñecido como Crónica de Turpin, pois está atribuído ao arcebispo de Reims, Turpin. Constitúe un texto épico que narra a liberación do Camiño de Santiago polo Emperador Carlomagno e que está moi vinculado aos cantares de xesta franceses, como a Chanson de Roland. Circulou de forma independente por toda Europa e deu pé a diversas crónicas francesas e islandesas

Palabras veciñas

pseudo- | Pseudo-Denís | Pseudo-Lonxino | Pseudo-Turpin | pseudoalelomorfismo | pseudoalelos | pseudoalume