psicodélico -ca

psicodélico -ca

(< ingl psychedelic < gr ψυχή ‘alma’ + δήλη ‘evidente’)

  1. adx
    1. Aplícase ao estado, obxecto, fenómeno, etc, que, provocado por certas drogas, denominadas psicodélicas, ou configurado artisticamente, ornamentalmente, etc, comporta unha particular exaltación da consciencia.

    2. Aplícase a certas drogas, como o LSD, a mezcalina, etc, que provocan un estado de particular exaltación.

  2. adx

    Aplícase a calquera creación cultural, pensamento ou obxecto da imaxinación que diverxe radicalmente do que é normal, racional, etc.

  3. adx

    Que ten diferentes cores ou formas, discordantes e mal combinadas ou mesmo extremadamente novidosas, que fan que chame moito a atención.

    Confrontacións: rechamante.