psicofisioloxía
psicofisioloxía
(
s
f
[FISIOL/PSIC]
Rama da psicoloxía experimental que se serve dos métodos da fisioloxía para estudar os fenómenos psíquicos e descubrir as leis cuantitativas que os rexen. Tivo a súa orixe no descubrimento de J. Müller da enerxía específica dos nervios e constituíuse como ciencia co traballo que W. Wundt desenvolveu no campo das sensacións e no estudo dos tempos de reacción. Nútrese das achegas de numerosos laboratorios de psicoloxía experimental e dos estudos neurolóxicos e endocrinolóxicos.