Psilocybe
Psilocybe
[FUNGO]
Xénero de fungos, da orde dos agaricais, coa cutícula lisa, de cor branca amarelada ou avermellada, e coa marxe non estriada. As láminas son ascendentes, pretas, pardas ou algo grises coa marxe branca. O pé é moi delgado, duro, sen bulbo nin cortina, da mesma cor ca o sombreiro. O trazo máis distintivo deste xénero é unha pequena mamila no centro do sombreiro, de forma moi acampanada. En Galicia localízase a especie P. semilanceata durante o outono en lugares herbáceos con excrementos. Ten propiedades psicodélicas.