psoas
psoas
(
-
s
m
[ANAT]
Músculo situado en parte no abdome e en parte nas coxas. Consta de dúas porcións, distintas na parte superior e xuntas na parte inferior. Está en íntima relación co diafragma, o ril, o uréter e a porción vertical do colon. Flexiona a coxa sobre a pelve ou actúa sobre a columna vertebral flexionándoa cara a adiante. OBS: Tamén recibe o nome de psoas ilíaco.
-
psoas menor
[ANAT]
Músculo moi delgado, situado diante do psoas ilíaco. É moi rudimentario e de acción nula.