psoríase
psoríase
(
s
f
[PAT]
Enfermidade crónica da pel caracterizada pola presenza de lesións eritematosas recubertas de escamas de cor abrancazada. Aínda que o estrés complica os síntomas, é unha enfermidade de causa descoñecida e, habitualmente, de carácter hereditario. Como formas clínicas particulares están a artrite psoriásica, que é semellante á artrite reumatoide, e a dermatite psoriásica exfoliativa, na que toda a pel do corpo está afectada, encarnada e cuberta de escamas finas.