Pteranodon
Pteranodon
[PALEONT]
Xénero de pterosauros formado por individuos co cranio moi longo, aguzado e aplanado, boca enorme, mandíbulas longas en forma de tesoiras e unha crista longa, comprimida e aguzada, que prolongaba o cranio cara a atrás e que lle servía de contrapeso ás mandíbulas. Viviron no Cretáceo.