Ptolomeo I

Ptolomeo I

Soter (Macedonia 367 a C - Exipto 283? a C) Rei de Exipto (305-285 a C), fillo de Lagos. Fundador da dinastía ptolemaica ou láxida. Foi xeneral de Alexandre o Grande e destacou na campaña de Asia. Nomeado sátrapa de Exipto e Libia (323 a C), enfrontouse polo poder co rexente Perdicas. Conquistou Corinto e Megara (308 a C), pero foi derrotado por Demetrio I de Macedonia en Salamina (Chipre, 306 a C). Adoptou o título de rei en 305 a C. Aliouse con Casandro, Lisímaco e Seleuco I (302 a C) e ocupou Celesiria (Palestina e Fenicia). En 285 a C abdicou no seu fillo, Ptolomeo II Filadelfo. Protector das artes, fundou o museo e a biblioteca de Alexandría.

Palabras veciñas

ptolemaico -ca | ptolemaida | ptolomeico -ca | Ptolomeo I | Ptolomeo II | Ptolomeo III | Ptolomeo IV