puír

puír

(< lat polīre)

  1. v t
    1. Facer lisa e brillante unha cousa a base de fregala.

      Ex: Puíu a vaixela de prata. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: Xa estou canso de tanto puír.

      Sinónimos: pulir.
    2. [OFIC/TECNOL]

      Someter unha cousa á acción do pulimento.

      Sinónimos: pulir.
  2. v t

    Dar a unha cousa toda a corrección e perfección posibles, revisándoa e dándolle os últimos retoques.

    Ex: Púe un pouco máis o artigo antes de publicalo.

    Sinónimos: pulir.
  3. v t

    Educar ou instruír a alguén para que sexa máis refinado, cortés e elegante.

    Ex: O trato con xente educada conseguiu puílo un pouco.

    Sinónimos: pulir.
Conxugar
VERBO puír
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
púo
púes
púe
puímos
puídes
púen
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
puía
puías
puía
puïamos
puïades
puían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
puín
puíches
puíu
puímos
puístes
puíron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
puíra
puíras
puíra
puiramos
puirades
puíran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
puirei
puirás
puirá
puiremos
puiredes
puirán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
puiría
puirías
puiría
puiriamos
puiriades
puirían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
púa
púas
púa
puamos
puades
púan
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
puíse
puíses
puíse
puisemos
puisedes
puísen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
puír
puíres
puír
puírmos
puírdes
puíren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
púe
-
-
puíde
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
puír
puíres
puír
puírmos
puírdes
puíren
Xerundio puíndo
Participio puído
puída
puídos
puídas