pulchinelo

pulchinelo

(

  1. s m [LIT/ESPECT]

    Personaxe dramático, orixinario de Nápoles e propio da Commedia dell’arte italiana (Pulcinello), que destaca polo seu carácter fanfarrón e burlón. Vestido de branco e cun gorro agudo, tiña o nariz aquilino e o queixo prominente, ás veces con dúas xibas, unha por diante e outra por detrás, e provisto dun garrote. Posteriormente, pasou ao teatro francés do s XVII e máis tarde ao teatro de monicreques.

  2. s m [ESPECT]

    Monicreque que se coloca como unha luva. Trátase dun boneco composto de cabeza e brazos enganchados no vestido, dentro do que un actor pon a man para movelo. Para a súa representación, o actor agóchase detrás dun escenario alto, por riba do que saen as figuras. A representación baséase en temas populares e simples, pero tamén hai algunhas obras escritas.

  3. s m pl [ESPECT]

    Representación de pulchinelos.

Formas incorrectas

polichinela

Palabras veciñas

Pulau Pinang | pulazo | Pulcherricium | pulchinelo | pulcritude | pulcro -cra | pulegona