Pumar Vázquez, José
Pumar Vázquez, José
(Santiago de Compostela 18.5.1925) Asesor de comunicación. Técnico directivo de comunicación e relacións públicas e de radiotelevisión e diplomado en protocolo, foi xefe de Protocolo e Relacións Públicas do concello de Santiago de Compostela e asesor de protocolo do presidente da Xunta de Galicia e do Consejo Superior de Comunicación e Relaciones Públicas de España. Escribiu Guía de protocolo (1985) e Ceremonial y protocolo (1990). Recibiu a encomenda de número da Orden al Mérito Civil e a Cruz Oficial da Orden de Isabel la Católica.