Purificación

Purificación
[ONOM]

Antropónimo feminino que provén do latín purificatĭōnem, de purifico ‘purificar, expiar’, formado de purus ‘puro, limpo’ e facio ‘facer’. Presenta a variante Pura e os hipocorísticos Puriña, Puri e Purfica. Nas crónicas, como nome feminino, refírese á festa católica da Purificación de María. A festa xa se celebraba no s IV en Xerusalén, segundo conta Exeria. No s VI era festa importante no santuario da Blancherna en Constantinopla. En Occidente difundiuse desde o s VII para substituír unhas festas pagás en honor de Plutón. O uso das candeas naceu na procesión que en Xerusalén instituíu Ikelia, pero que non aparece en Occidente ata o s X. En 1960 Xoán XXIII mudou a denominación desta festa en Presentación de Cristo no Templo. A súa festividade celébrase o 2 de febreiro.

Palabras veciñas

púrico -ca | puridade | purificación | Purificación | purificador -ra | purificante | purificar