Pusillina
Pusillina
[ANIMAL]
Xénero de moluscos, da clase dos gasterópodos, coa cuncha de pequeno tamaño enrolada helicoidalmente. Viven no nivel intermareal, enriba de algas pardas das que extraen o alimento. En Galicia aparecen as especies P. parva, P. interrupta e P. radiata.