putativo -va

putativo -va

(< lat putatīvu)

  1. adx

    Aplícase aos pais ou a outro parente que é considerado como tal pero que non o é.

  2. adx [DER]

    Que ten existencia legal sen ser certa.

  3. herdeiro putativo [DER]

    Persoa de boa fe que cre ser herdeiro porque posúe un testamento ao seu favor, a pesar de que legalmente non se asegura polo feito de existir outro testamento máis recente a favor doutra persoa.

Palabras veciñas

putame | putañeiro | putaría | putativo -va | putear | putería | Puthein