pancreatite
(
-
s
f
[PAT]
Inflamación aguda ou crónica do páncreas.
-
pancreatite aguda
[PAT]
Pancreatite causada sobre todo por litíase biliar ou por alcoholismo, pero que tamén se pode observar despois de intervencións cirúrxicas dixestivas, en casos de hiperlipemia, de hiperparatiroidismo, dalgunhas infeccións, de traumatismos e tras a inxestión de certos medicamentos. Clinicamente destaca por unha dor abdominal intensa, moitas veces irradiada á esquerda e acompañada de náuseas e vómitos. Pode presentar tamén febre, un grao variable de itericia, parálise intestinal e, ás veces, un cadro de choque. As principais complicacións que poden xurdir son os pseudoquistes, os abscesos e a necrose da graxa do tecido subcutáneo. No sangue pódese atopar de forma característica un aumento na concentración de amilases e lipases.
-
pancreatite crónica
[PAT]
Pancreatite producida por causas semellantes ás da pancreatite aguda, pero de curso máis lento, que se manifesta ás veces con accesos agudos (sobre todo a causa do alcohol). Segundo progresa a doenza mingua a capacidade funcional do páncreas, que segrega poucos enzimas, comezan a aparecer esteatorrea e creatorrea, e finalmente instáurase unha síndrome de mala absorción.