Pantaión, san
Pantaión, san
(? - 303?) Mártir. Foi médico do Emperador Caio Valerio Maximiano Galerio en Nicomedia e morreu martirizado durante a persecución de Diocleciano. Curaba de xeito case milagroso e os colegas denunciárono por cristián. Atormentárono e finalmente decapitárono. A súa festividade celébrase o 27 de xullo.