Pataliputra
Pataliputra
Antiga capital do Reino de Magadha, India, situada no val onde conflúen os ríos Son e Ganxes, preto da actual Patna. Fundada en tempos de Buda, parece ser que foi alí onde residiu e que foi o lugar do Terceiro Concilio Budista (341 a C). Conquistada por Chandragupta Maurya (s IV a C), foi a espléndida capital dos mauryas.