Peleo

Peleo

Heroe grego, epónimo do monte Pelión e da homónima cidade de Tesalia. Rei de Ptía, era fillo de Éaco e Endeis. Casado con Antígona, filla de Euritión de Ptía, nun accidente de caza matou o seu sogro e tivo que exiliarse. Calumniado pola muller de Acasto, Astidamía, foi abandonado sen armas nunha cazaría e conseguiu salvarse coa axuda dos Dióscuros. De regreso en Ptía, casou con Tetis, coa que enxendrou a Aquiles.