petroquímica
(
-
s
f
[IND/QUÍM]
Conxunto de técnicas empregadas no tratamento do petróleo que comprenden tanto as operacións de refinamento como as da petroquímica.
Sinónimos: petroleoquímica. -
s
f
[IND/QUÍM]
Conxunto de técnicas que teñen por obxecto a obtención de produtos químicos por síntese de produtos derivados do petróleo. Pódense clasificar en dous grandes grupos: procesos de obtención de produtos básicos de síntese e procesos de fabricación de derivados dos produtos básicos anteriores. No primeiro grupo distínguense a obtención do hidróxeno e do gas de síntese, a fabricación de olefinas, de acetileno, de aromáticos e de hidrocarburos de catro carbonos. Para a obtención do hidróxeno e do gas de síntese pártese do gas natural en EE UU e da nafta en Europa e Xapón. Os procesos empregados son os de reforming con vapor de auga e o de oxidación parcial. Para a obtención das olefinas pártese do etano ou do propano (ou ben dunha mestura de ambos os dous) en EE UU, e das naftas en Europa e Xapón. O proceso de obtención é o cracking térmico con vapor de auga nun forno tubular de paso único, a 800°C e en fase gasosa. A reacción é fortemente endotérmica e dilúese a carga en vapor de auga que non intervén na reacción. No forno prodúcense reaccións de deshidroxenación e peche molecular que dan un produto final cunha elevada proporción de etileno se se parte do etano, de etilo e propileno se se parte do propano, e de etileno, propileno e butano se se parte das naftas. Na saída do forno os gases arrefríanse bruscamente para interromper a reacción e obter un rendemento elevado e lávanse para eliminar os compoñentes ácidos. A separación ten lugar por destilación fraccionada. Para a fabricación do acetileno pártese do metano, que nun forno de recheo refractario (proceso cíclico), nun forno con queimador especial (proceso de oxidación parcial) ou nun forno de arco eléctrico, que é convertido en acetileno a temperaturas que oscilan entre os 1.400°C e os 1.600°C. Á saída do reactor os gases arrefríanse bruscamente e recupérase o acetileno por absorción selectiva con auga ou cetona. Existen algunhas variantes destes procedementos que permiten obter conxuntamente etileno e acetileno nas proporcións desexadas. Nas refinarías, obtéñense aromáticos nas unidades de reforming catalítico e nas unidades de fabricación de olefinas que empregan naftas como materia prima. En ambos os dous casos os aromáticos forman parte dunhas mesturas complexas de hidrocarburos, dos que cómpre separalos por destilación aceotrópica, por destilación ou por extracción. Unha vez obtidas as mesturas aromáticas, sepáranse por destilación fraccionada ou por absorción. Hai tamén procesos que permiten obter un aromático a partir doutro composto do mesmo grupo (metalición, hidrodesalquilación, transalquilación ou isomerización). Atópanse os hidrocarburos de catro carbonos no gas natural e nos gases de refinaría (butanos), como subproduto na fabricación de olefinas (butadieno) ou ben como efluente do cracking térmico ou catalítico (butenos). OBS: Tamén se denomina petroleoquímica.