Pío X, san
Pío X, san
(Riese, Venecia 2.6.1835 - Roma 20.8.1914) Papa (1903-1914). De nome Giuseppe Sarto, foi elixido papa despois de que Austria vetase o cardeal Rampolla, considerado francófilo. Tivo como secretario de Estado a Rafael Merry del Val e decretou sobre a música sagrada (1903), sobre a comuñón frecuente (1905) e a dos nenos (1910), reformou os libros litúrxicos (1911), creou a Acta Sanctae Sedis (1909), órgano oficial da Santa Sé, e a comisión para a codificación do dereito canónico (1904). No campo do maxisterio condenou o modernismo co decreto Lamentabili e a bula Pascendi (1907). Pío XII canonizouno en 1954 e a súa festividade celébrase o 21 de agosto.