poética

poética

(< lat poētĭca

  1. s f [LIT]
    1. Arte ou técnica de compoñer obras poéticas.

    2. Sistema teórico e especulativo da poesía, entendida como a función creadora operante en toda mensaxe verbal e literaria, sexa versificada ou non.

    3. Concepción artística respecto a un período, unha escola ou un autor.

  2. s f [LIT]

    Tratado teórico sobre os principios e as regras da poesía, tanto no relativo á esencia poética como ás formas. Do seu estudo establécense unha serie de principios xerais que serven para conservar e depurar o estilo poético.