Politburó
Politburó
Órgano de dirección do partido comunista da antiga URSS e doutros países socialistas, encargado dos asuntos urxentes que cumpría resolver entre sesión e sesión do comité central. O da URSS foi creado en 1917 e ao principio tivo cinco membros, número que aumentou posteriormente. Entre 1952 e 1966 tomou o nome de Presídium.