politetrafluoroetileno

politetrafluoroetileno

(

Nome científico: [[-CF<sub> 2</sub> -CF<sub> 2</sub> -]<sub> n</sub> ]
s m [QUÍM]

Poliolefina prefluorada derivada do tetrafluoroetileno. Trátase dun polímero granular, susceptible de moldeamento e extrusión, cun peso molecular medio de 5ò105 a 107. É un sólido con moi boas propiedades como illante eléctrico e co coeficiente de fricción máis baixo de todos os materiais sólidos coñecidos. É resistente a todos os axentes químicos, excepto aos metais alcalinos fundidos e ao flúor, e non é soluble en disolvente ningún. Ten unha extraordinaria estabilidade térmica. A pesar de ser considerado como termoplástico non ten, en sentido estrito, punto de fusión, feito polo que a súa utilización en procesos de fabricación require técnicas análogas á da pulverimetalurxia. As súas aplicacións derivan das propiedades eléctricas e da inercia química que ten. OBS: Comercialmente conécese como teflón.

Palabras veciñas

politelia | politénico -ca | politeno | politetrafluoroetileno | Politi, Lancelotto | política | politicastro -tra