Poncio
Poncio
[ONOM]
Antropónimo masculino procedente do nome latino Pontius, que pode derivar do numeral osco pomtis, análogo ao latín quinque ‘cinco’, ou do sabino pompe ‘cinco’, de onde vén Pompeo. Outra hipótese sinala a palabra pontus ‘mar, onda’ ou ‘mariño, o que pertence ao mar’. Ademais da creación do apelido Pons, converteuse en nome común coa forma poncio que, familiarmente, significa ‘gobernador dunha provincia, persoa importante a escala local’.