porfiroblasto

porfiroblasto

(< pórfiro + -blasto)

s m [XEOL]

Cristal grande e ben desenvolvido que se atopa en rochas metamórficas arredor dunha matriz doutros cristais máis pequenos. Os máis comúns son aluminosilicatos relativamente densos, como o granate, a estaurolita, a cianita ou a andalucita. OBS: Tamén se denomina metacristal.