qarakhánida
-
adx
Relativo ou pertencente aos qarakhánidas.
-
s
[HIST/RELIX]
Membro da dinastía turca, tamén coñecida como il-khan, que reinou en Asia Central desde mediados do s X ata comezos do s XIII. Foron islamizados no s X por influencia dos samánidas. Formaron dous khanatos, o de Qäshqär, que pronto pasou a ser un importante foco de islamización cara as fronteiras de China e Mongolia, e o khanato occidental que sufriu repetidos ataques dos selxúcidas, ata que a finais do s XI tivo que aceptar a súa soberanía. O territorio do derradeiro khan, ‘Utmān ibn Ibrāhīm, reduciuse ás terras próximas a Bukhara e Samarcanda, e os seus descendentes remataron recoñecendo a soberanía de Xenguis Khan.
-
literatura qarakhánida/de Qäshqär
[LIT]
Primeira literatura islámica en lingua turca, que xurdiu durante a dominación qarakhánida. O Qudatgu bilig (A ciencia que leva á felicidade), escrito por Yūsuf Khāṣṣ Ḥājib en 1070, é a primeira obra coñecida.