Qatna

Qatna

Antiga cidade de Siria, a 18 km ao NL de Homs, actualmente Al-Mašrafa. Documentada desde o III milenio a C, conserva un templo da época do establecemento dos amoritas (2000? a C). Alcanzou o seu máximo esplendor ao establecer relacións político-económicas con Asiria (ss XIX-XVIII a C) e cos reinos de Iam)ad (Alepo) e Māri. Habitada polos hurritas, perdeu a súa independencia e foi sometida primeiro por Durusa de Kadeš e despois por Tuthmosis III de Exipto (1472 a C), e finalmente formou parte de Mitanni (1477-1380 a C).

Palabras veciñas

Qāsim ibn ammūd, al- | Qatar | qatarí | Qatna | Qayrawān, al- | qaysī* | Qazvīn