Qin Shi Huangdi, tumba de
Qin Shi Huangdi, tumba de
Cámara sepulcral do emperador chinés Qin Shi Huangdi (221-206 a C), preto da cidade de Xi’an, na provincia de Shânxi. É unha gran cámara subterránea, en que hai dispostas ao redor de 6.000 figuras de soldados, de tamaño case natural e feitas con arxila, que simulan un exército en perfecta orde de batalla.