qu

qu
s m [LING]

Dígrafo galego, denominado que u, que representa o fonema consonántico oclusivo velar xordo /k/ ante as vogais palatais /e/, /ε/ e /i/. Mantense <qu> en palabras patrimoniais que proceden fundamentalmente do fonema ou secuencia bifonemática KW- seguido de vogal palatal, en que desaparece o wau e se mantén a consoante velar sen palatalizar (querer < QUAERĔRE, quen < QUĔM, quedo < *QUĒTU < QUĬĒTU, quince < QUĪNDĔCĬM, quinquenio < QUĪNQUĔNNĬU, queixar < *QUASSĬĀRE, quiñentos < QUĪNGĔNTŌS, quiñón < QUĪNĬŌNE); pero tamén poden ter outras orixes: queixo < CASEU, queixo < CAPSU; máquina < MA-­CHĬNA < gr μηχαν ή , arqui- < gr ἀ ρχι− (arquiduque, arquidiocese, arquimillonario, arquifamoso); lique < LĪCHEN < gr λειχ ή ν; quebrar < CRĔPĀRE; queiroa < *CARĬŎLA, quella, quenlla < CANALĬCŬLA, quente < CALĔNTE; sequeiro < SICCARIU. Tamén se mantén nas adaptacións dalgunhas palabras con <k> provenientes doutros idiomas (quilogramo, quilómetro, quermese, quefir, quiosco); e nalgúns préstamos, pero a pronuncia é [kw] (quásar, quórum, statu quo).