Quatro Ventos

Quatro Ventos
[PUBLIC]

Revista de periodicidade irregular editada en Braga de 1954 a 1957 (nº14). Subtitulada “Revista lusíada de literatura e arte”, foi dirixida conxuntamente por escritores galegos, portugueses e brasileiros. Exerceu unha notable influencia na cultura galega e promoveu a convivencia do que consideraban pobos irmáns, Galicia, Portugal e Brasil. Sebastián Martínez Risco, Leandro Carré e Otero Pedrayo foron os seus codirectores galegos. No mesmo período (1954-1957) funcionou un selo editorial homónimo, co que se publicaron Seitura, de Bouza Brey, e Nos picoutos de Antolín, de Leandro Carré.