quedar

quedar

(

  1. v i

    Permanecer ou seguir nun lugar ou nunha situación determinada.

    Ex: Ti queda aquí. O asunto quedou a medias. Quedaron amigos.

  2. v i

    Pasar a certo estado ou situación tras unha acción ou suceso.

    Ex: Quedou coxo por unha caída. Quedou como novo despois da sesta.

  3. v i

    Coller alguén algo para si.

    Ex: Quedou coa propina.

  4. v i
    1. Acordar algo dúas ou máis persoas.

      Ex: Quedaron para verse aquela tarde.

    2. Adquirir alguén un compromiso. OBS: Emprégase seguido da prep de ou en máis infinitivo.

      Ex: Quedou en pasar a buscalo.

  5. v i

    Producir algo certo efecto, xeralmente unha peza de roupa.

    Ex: Que ben che queda a saia! A casa quedou ben bonita.

  6. v i

    Ter algo como desenlace ou resultado final. OBS: Emprégase seguido da prep en.

    Ex: Aquilo só quedou nun susto.

  7. v i

    Seguir habendo ou tendo algo.

    Ex: Non lle quedaban allos nin pirixel.

  8. v i

    Ser considerado dun determinado xeito. OBS: Adoita empregarse seguido da prep de ou por.

    Ex: Quedei por parvo ao aceptar o trato.

  9. v i

    Estar algo nunha determinada situación espacial ou temporal.

    Ex: A miña casa queda preto do río. O seu aniversario queda por marzo.

    Confrontacións: caer.
  10. v i

    Faltar algo para conseguir o que se expresa.

    Ex: Queda un mes para as festas.

  11. v i

    Pasar algo a ser dunha persoa por unha herdanza ou repartición.

    Ex: Quedoulle a casa e as leiras dos pais.

  12. v i

    Recaer nalgún dos participantes dun xogo a tarefa máis desagradable.

    Ex: Tócache quedar a ti.

    Sinónimos: apandar, pandar.
  13. v pron

    Poñerse quieto algo ou alguén.

    Ex: O vento quedouse cando saíu o Sol.

  14. v pron

    Perder unha persoa o sentido.

    Ex: Deulle un mareo e quedouse.

  15. v pron

    Morrer unha persoa.

    Ex: Quedouse mentres durmía.

    Sinónimos: finar.

Palabras veciñas

queda | quedada | quedado -da | quedar | quedo -da | Queen | Queen, Ellery
Conxugar
VERBO quedar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
quedo
quedas
queda
quedamos
quedades
quedan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
quedaba
quedabas
quedaba
quedabamos
quedabades
quedaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
quedei
quedaches
quedou
quedamos
quedastes
quedaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
quedara
quedaras
quedara
quedaramos
quedarades
quedaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
quedarei
quedarás
quedará
quedaremos
quedaredes
quedarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
quedaría
quedarías
quedaría
quedariamos
quedariades
quedarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
quede
quedes
quede
quedemos
quededes
queden
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
quedase
quedases
quedase
quedasemos
quedasedes
quedasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
quedar
quedares
quedar
quedarmos
quedardes
quedaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
queda
-
-
quedade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
quedar
quedares
quedar
quedarmos
quedardes
quedaren
Xerundio quedando
Participio quedado
quedada
quedados
quedadas