Queensland
Estado do NL de Australia (1.727.200 km2; 3.655.139 h [2001]). A súa capital é Brisbane. A costa pacífica é abrupta e ten moitas illas, no interior levántase o Great Dividing Range (900-1.500 m), e ao O esténdese un basto altiplano. Atravesado polo trópico de Capricornio, ten clima tropical e case ecuatorial no N. O bosque cobre a cordilleira, e no interior hai unha transición da sabana ao saltbush. Conta coa metade dos bovinos do país e ten gandaría leiteira e ovina en Darling. A cana de azucre é o cultivo máis importante e supón o 95% da produción australiana. Os recursos mineiros son abundantes dos que destacan o estaño, cobre, chumbo, cinc, grandes depósitos de bauxita e uranio. Posúe reservas de carbón, petróleo e gas natural. A industria de fertilizantes, química, petroquímica, montaxe de vehículos de motor, locomotoras, estaleiros, téxtil da la, plásticos e pneumáticos, céntrase principalmente na capital.