queimadura
queimadura
(< queimar)
s
f
[MED]
Lesión tisular producida na pel pola acción da calor, polo lume ou por unha substancia corrosiva. Clasifícanse en queimaduras de primeiro grao, se afecta só á epiderme, de segundo grao, se son un pouco máis profundas, e de terceiro grao, as máis graves, e nas que se produce a total destrución da capa cutánea.