queiroa
(
-
[PLANTA]
-
s
f
Planta da familia das ericáceas, especialmente dos xéneros Calluna, Daboecia e Erica. Adoitan ser pequenas, con follas simples e perennes, flores actinomorfas e froito en baga ou en cápsula.
Sinónimos: braña, carpaza, carpazo, carroucha, cubilón, foupa, queiroga, queirota, queiruga. -
queiroa das brañas [Erica tetralix, Fam das ericáceas]
Arbusto, de ata 70 cm de altura, con follas oblongo-lineares e verticiladas, e flores en umbelas rosáceas. Florecen entre maio e outubro en zonas de brañas e piñeirais.
-
queiroa de tres follas [Erica cinerea, Fam das ericáceas]
Arbusto pequeno, de ata 70 cm de altura, con follas sen pelos, lineares e en verticilos de 3, flores tetrámeras dispostas en acios, violáceas ou rosadas e froito capsular. Florece entre maio e setembro, e pode atoparse nas zonas de breixo e turbeiras. Distribúese por todo o O de Europa, e en toda Galicia.
-
queiroa de umbela [Erica umbellata, Fam das ericáceas]
Pequeno arbusto, de ata 50 cm de altura, con follas lineares, en verticilos de 3, flores tetrámeras en umbelas de 3-6 flores e froito capsular. Florece entre febreiro e xullo, e pode atoparse en breixos e en sotobosque de piñeirais, en toda a metade O da Península Ibérica.
-
queiroa maior [Daboecia cantabrica, Fam das ericáceas]
Planta arbustiva, de ata 50 cm de altura, con follas lanceoladas e pecioladas, pilosas pola face verde e tomentosas e esbrancuxado polo envés, flores purpúreas, tetrámeras dispostas en acios terminais e froito capsular. Florece entre xuño e outubro. É endémica na zona O de Europa, desde o N de Portugal ata o O de Irlanda, e está presente en toda Galicia.
-
queiroa veluda [Erica australis, Fam das ericáceas]
Planta arbustiva, de ata 2 m de altura, con follas lineares en verticilos de 4 e flores en grupos de 4 a 8. Florece entre febreiro e agosto, en case toda Galicia, a excepción das zonas baixas.
-
s
f
-
queiroa mariña
[PLANTA]
Planta herbácea perenne, con talos deitados de ata 40 cm, follas de 2-5 mm, lineares, pilosas polo envés e sen pelos pola face, flores solitarias ou en pequenos acios, pentámeras brancas ou rosáceas, e froito dehiscente capsular. Florece no verán, entre xullo e agosto, e pode atoparse en zonas litorais e marxas mariñas. Distribúese polo O de Europa, e tamén está presente en Galicia.