quelante

quelante

(< quelato)

adx e s m [QUÍM]

Aplícase a cada unha das diferentes especies aniónicas ou neutras que poden establecer dous ou máis enlaces por molécula cun mesmo ión metálico. A natureza dos enlaces establecidos entre o axente quelante e o ión pode ser covalente por compartimento ou por doazón. Os axentes quelantes que máis se empregan son o ácido aminoacético, as diaminas terminais da cadea curta, o EDTA tetrasodio, a oxina, a dimentilglioxina e o anión acetilacetonato.

Palabras veciñas

quela | quelación | quelado -da | quelante | quelato | Quelea | Quelen