2 quenlla
(
-
s
f
[ANIMAL/ICT]
Peixe condritio, de preto de 3,5 m, co corpo alongado e fusiforme, ollos pequenos e redondos, sen membrana nictitante e cunha crista dérmica delgada nos lados do pedúnculo caudal. Ten dúas aletas dorsais, a primeira máis do dobre de grande ca a segunda, e as peitorais moi longas e estreitas en forma de gadaña. Carece de liña dorsal e na base do pedúnculo caudal amosa unhas quillas pouco marcadas. Ten dentes triangulares e serrados ao longo das arestas, nas dúas mandíbulas. Amosa unha cor azulada intensa, máis escura no dorso e algo máis pálida nos costados, e clara na rexión ventral. Localízanse tanto en alta mar como preto das costas, ás veces en grandes cantidades. De hábitos nocturnos, aliméntase principalmente de pequenas presas, como peixes óseos e luras.
-
s
f
[ANIMAL/ICT]
tiburón.