queratina

queratina

(< grκερατίνη ‘de corno’)

s f [BIOQ]

Substancia proteica que forma parte da constitución dos derivados epidérmicos (estrato córneo cutáneo, cornos, pelos, plumas ou la), que ten unha función de protección da epiderme fronte ás alteracións ambientais. Está formada por unha fibroproteína e unha proteína amorfa que envolve a anterior. As queratinas divídense en dous tipos: α-queratina, presente en mamíferos, e β-queratina, presente en aves e réptiles.