Quierzy, Capitular de
Quierzy, Capitular de
Disposición promulgada por Carlos II o Calvo na Dieta de Quierzy-Sur-Olse en 877 cando preparaba unha expedición a Italia. Carlos II comprometeuse nela a doar aos herdeiros dos funcionarios que morresen no curso da campaña os beneficios que estes gozase e a exercer as súas funcións provisionalmente. Conservou para o rei o poder designar de inmediato a outro sucesor. Foi un dos primeiros pasos para a consolidación do carácter hereditario dos feudos.