quilate

quilate

(<ár qīrāṭ < grκεράτιον ‘peso de catro gramos’)

  1. s m [METROL]
    1. Unidade de medida en que se expresa a lei das aliaxes de ouro, definida como cada unha das partes de ouro puro das 24 en que se divide unha aliaxe de ouro. O que ten un mínimo de 18 quilates, denomínase ouro de lei.

    2. Unidade de peso que se emprega en xoiaría, equivalente a 0,200 g, que se usa especialmente no comercio de diamantes e pedras preciosas. Divídese en catro grandes e estes en catro cuartos. Tamén se divide en 100 puntos.

  2. s m [NUMIS]

    Moeda antiga, co valor de medio diñeiro.

  3. s m

    Grao de perfección e calidade dunha cousa.