quilogramo

quilogramo

(< 1 quilo-+ gramo)

  1. s m [METROL]

    Unidade de masa no S I, do que é unha das sete unidades básicas. É a masa do prototipo internacional do quilogramo, construído en platino iridiado, e que é conservado na Bureau International des Poids et Mesures de Sèvres (Francia).

    Sinónimos: kilogramo.
  2. quilogramo forza [METROL]

    quilopond.

Palabras veciñas

quilociclo | quilofaxia | quilográmetro | quilogramo | quilohertz | quilolitro | quilometrar