quimioosmótica, teoría
quimioosmótica, teoría
[BIOQ]
Teoría proposta por P. D. Mitchell sobre a transferencia de enerxía química nos seres vivos. Segundo esta teoría, nunha membrana que contén transportadores de electróns e de protóns a través de si, aparece unha forza promotriz debida á diferenza de actividade electroquímica dos protóns a ambos os dous lados da membrana.