quimiosíntese
quimiosíntese
(< quimio- + síntese)
s
f
[BIOL]
Síntese de substancias orgánicas a partir dunha fonte de enerxía de tipo químico. Aplícase principalmente á síntese dos organismos autotróficos non dotados de clorofila (denominados quimiótrofos), que sintetizan as substancias orgánicas que incorporan ao seu protoplasma, partindo de compostos minerais reducibles como auga, dióxido de carbono ou sales amoniacais, e aproveitando a enerxía desprendida en procesos de oxidación de compostos inorgánicos.