quinario -ria

quinario -ria

(< lat quinarĭu)

    1. adx

      Que está formado por cinco unidades ou elementos.

    2. verso quinario [LIT]

      pentasílabo.

  1. adx [MAT]

    Que ten por base o número 5.

  2. s m [NUMIS]

    Moeda de prata da Roma republicana co valor de cinco ases ou medio denario, dun peso que oscilaba entre 2,27 e 8 g. Durante a segunda metade do s I a C cuñouse en ouro e en tempos de Decio en bronce.

  3. s m [RELIX]

    Período de cinco días que se dedica á devoción e culto de Deus e dos santos.

Palabras veciñas

quinado -da | quinaldina | Quinara | quinario -ria | quinase | Quinault, Philippe | quincalla