Quindous, pazo de
Quindous, pazo de
Construción situada en Quindous (Cervantes). Trátase dunha fortaleza, cun aspecto exterior pechado e macizo, sen apenas ocos, de planta rectangular. Destacan os dous torreóns cilíndricos colocados a ambos os dous lados da fachada. A igrexa parroquial de Quindous foi a capela do pazo. Foi declarado BIC en 1949.