quinona
quinona
-
s
f
[QUÍM]
Composto dicarbonílico caracterizado pola transformación de dous grupos -CH= dun sistema aromático en dous grupos carbonil (>C=O), coa reorganización correspondente dos dobres enlaces do sistema. Ten a propiedade da súa redución reversible a compostos dihidroxílicos aromáticos, que pode ser conseguida tanto por medios químicos como electroquímicos, polo que ten aplicación na preparación de eléctrodos para a determinación do pH. Tamén se empregan como oxidantes e na preparación de colorantes.
-
s
f
[QUÍM]
Derivado quinónico do benceno, isométrico, que se emprega na manufactura de colorantes e na preparación de hidroquinona.
Sinónimos: benzoquinona.