Quinta del Sordo
Quinta del Sordo
Casa de campo que Francisco de Goya y Lucientes adquiriu nas aforas de Madrid en 1819, onde realizou nas paredes interiores a serie de catorce pinturas negras ao óleo entre 1820 e 1823. Os murais Las parcas, Duelo a garrotazos, Hombres leyendo, Dos jóvenes burlándose de un hombre, Paseo del Santo Oficio, Asmodea, El perro, Leocadia, El Gran Cabrón, Saturno devorando a un hijo, Judit y Holofernes, Peregrinación a la fuente de San Isidro, Dos viejos e Dos viejos comiendo pasáronse a tea en 1873, foron expostos en París en 1878 e ofrecidos ao Museo del Prado en 1881. O seu estilo maniféstase cunha liberdade absoluta ao servizo dunha temática fabulosa ou pavorosa, recollida cunha penetrante expresividade e unha grande economía de cores.