Quintás, pazo de

Quintás, pazo de

Construción situada en Esposende (Ribadavia). Ten planta irregular e dous pisos agás nas fachadas noroeste e norleste, en que só ten un debido ao gran desnivel do terreo. O patio está delimitado pola casa, por unha capela e por unha construción auxiliar, polo que conforma un espazo en forma de L. Relacionado cos Ulloa, conserva un escudo coas armas dos Temes, Vilamarín, Feijoo, Ulloa e Losada.

Palabras veciñas

Quintás, As | Quintas, couto de | Quintas, devesa de | Quintás, pazo de | Quinte | Quinte, Santalla de | quinteiro