quiralidade

quiralidade

(< quiral)

s f [QUÍM]

Propiedade de non identidade dunha molécula, nunha configuración ou conformación dadas, coa súa imaxe especular. Este concepto, que deriva do grego χείρ ‘man’ e que fai referencia á falta de simetría presente nas mans, substituíu ao de disimetría. En termos da quiralidade, clasifícanse as moléculas en quirais e aquirais. Todas as moléculas quirais presentan actividade óptica, de maneira que ambos conceptos están biunivocamente relacionados.

Palabras veciñas

quir(o)- | quiragra | quiral | quiralidade | quiralxia | Quireza | Quireza